Adxuntamos un novo artigo de Marina Mayoral arredor das vítimas menores de idade publicado o 11 de maio en La Voz de Galicia.
Vítimas inocentes
No ano 2013 empezaron a recollerse datos de menores que foron vítimas mortais da violencia machista, fillos unhas veces de nais tamén maltratadas, e noutros casos de mulleres que permitiron ás súas parellas exercer esa violencia, ou que non souberon ver o perigo que a relación implicaba para os seus fillos. En 2013, foron seis.
En 2014, catro, e este ano xa levamos dous: en febreiro en Rincón de la Victoria un neno de tres anos, a quen o noivo da súa nai recolleu no colexio, apareceu morto horas despois, afogado nunha balsa.
E hai uns días, un neno de dez anos, morreu en na localidade alicantina de Torrevieja.
Dixera os veciños que tanto el coma a súa nai eran obxecto de malos tratos, pero ninguén denunciou.
Cando unha noite a nai chamou a policía, o maltratador, antes de ser detido, tivo tempo de asestar unha puñalada mortal ao neno.
Esa última morte, quizais se tería podido evitar se os veciños se tivesen implicado.
En Cedeira, unha nena de seis anos sufría agresións reiteradas, contusións e queimaduras por todo o corpo, mesmo en zonas xenitais, por parte da parella da súa nai.
Algún membro do persoal do colexio ao que asistía denunciou os feitos e os culpables foron condenados a tres e sete anos de prisión.
Ogallá xeneralícese esa actitude. Se os que están preto dos maltratados non miran cara a outro lado, se se implican na súa defensa, sen dúbida poderá evitarse a morte desas pequenas e indefensas vítimas.
Texto orixinal: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2015/05/11/victimas-inocentes/0003_201505G11P13995.htm