Segundo relata unha nova elaborada recentemente polos informativos de Telecinco, o 20 por cento das nenas e o 9 por cento dos nenos españois sofren abusos sexuais. E no 80 por cento dos casos padéceno na súa propia familia. Un maltrato que está intimamente relacionado coa violencia de xénero, sobre todo cando se produce o divorcio. Nese momento os fillos convértense na arma do maltratador para danar á nai.
Deixámovos a continuación o enlace ao contido íntegro, que inclúe o vídeo da nova, dentro da cal foi entrevista Estrela Gómez, coordinadora de AGAMME:
Vinte de cada cen nenas españolas sofre abusos sexuais