A Federación Comarcal de Ferrolterra de ANPAs de Centros Públicos (FEANPAs) organiza unha “XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO” 

Data: SÁBADO 15 de FEBREIRO

Hora: 10.00 a 14.00 h.

Lugar: ATENEO FERROLÁN (sito na rúa Magdalena nº 202 – 204 de Ferrol)

Nela aprenderemos sobre esta lacra que é o ACOSO ESCOLAR, falaremos das súas características e do agravamento deste tipo de violencia, como consecuencia da entrada en escena de Internet e as redes sociais.

Afondaremos nas causas, na detección, nas consecuencias e na prevención a través das distintas ponencias.

entrada é aberta a calquera persoa que queira achegarse, coa intención de que poidamos aprender e resolver cantas dúbidas podan xurdir.

“XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*