Víctor M. López Casal, Coordinador de AGAMME, vén de participar nas V Jornadas contra el Maltrato Infantil, organizadas pola Asociación Canaria contra el Maltrato Infantil. O evento tivo lugar os pasados 21 e 22 de novembro en Las Palmas e xirou arredor dos abusos sexuais na infancia. Ao longo dos dous días de relatorios, expuxeron os seus datos e conclusións profesionais do ámbito xurídico, das forzas de seguridade do estado, de servizos sociais e psicoloxía, así como representantes de diversas asociacións de loita contra os abusos sexuais na infancia e na adolescencia. 

 

 

AGAMME participa nas V Xornadas da Asociación Canaria contra el Maltrato Infantil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*