AGAMME, Rede de Mulleres de Vigo, Marcha Mundial das Mulleres, ASOCIM, Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, ADAVAS Baixo Miño e a Asociación Cultural Fuco Buxán alertan do retroceso que se está a producir en dereitos de certos colectivos, como é o de nenos e nenas vítimas. Esta semana a prensa galega fíxose eco da situación dunha  nena de seis anos que foi entregada ao proxenitor sobre quen pesan denuncias de abuso sexual que están a ser tramitadas por un xulgado de Málaga. A nena deberá pasar no domicilio do proxenitor o período de 15 días de vacacións que lle corresponde por sentenza. Nin o xulgado de civil nin o de penal consideraron necesaria ningunha medida de protección, o cal contravén as normas estatais e internacionais sobre os dereitos das vítimas do delito. No PDF pódese ler o texto completo asinado polas entidades.

 

 

 

  

    

 

 

 

 

 

AGAMME, xunto con outras seis entidades de dereitos de infancia e dereitos da muller piden a xuices e fiscais que apliquen todos os recursos legais para garantir a protección das vítimas menores de idade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*