O Tribunal Supremo, nun fallo que crea doutrina, avala que o testemuño dun neno ou nena sirva como única proba de cargo en casos de denuncia de abuso sexual infantil. A orixe do fallo atópase na sentencia da Sala do Penal de Málaga, do 20 de decembro de 2012, no que o maxistrado Miguel Colmenero, rexeitou o resurso de casación dun agresor, que foi condeado en decembro de 2011 pola Audiencia de Málaga a tres anos de cárcere por un delito “continuado de abuso sexual” á súa sobriña.

A partir deste caso, a palabra dunha nena ou neno, sempre que sexa espontánea, vale tanto como a declaración dun adulto ante o xuíz. Mesmo o seu único testemuño ante o tribunal pode ser suficiente para condear á cárcere ao seu agresor, aínda en casos nos que non sexa posible recavar probas fehacientes ou testemuñas que confirmen o relato dos menores.

O Tribunal Supremo avala que os testemuños dos menores sirvan como única proba en casos de abuso sexual

One thought on “O Tribunal Supremo avala que os testemuños dos menores sirvan como única proba en casos de abuso sexual

Comments are closed.